Últimas novas
700 persoas gozaron do repertorio da V Edición de Cantos na Maré
Mércores 26 de decembro de 2007
O sábado 15 de decembro desenvolveuse a V Edición de CANTOS NA MARÉ. Festival Internacional da Lusofonía no Pazo da Cultura. O repertorio elixido foi acollido con grande ovación polas 700 persoas que se deron cita para presenciar o espectáculo.
Onte venres 14 tivo lugar o encontro profesional CANTOS NA MARÉ Rede
Sábado 15 de decembro de 2007
Na Casa das Campás, Sede do Vicerreitorado (19.00 h) e nun formato talk-show, representantes de diversas institucións e a industria musical galega compartiron inquedanzas e oportunidades cos xestores culturais internacionais dos mercado europeo, brasileiro e portugués.
Xosé Manuel Budiño incorporarase ao cartel de Cantos na Maré
Venres 14 de decembro de 2007
Facendo unha interpretación a dúo con Mercedes Peón, Xose M. Budiño será outro dos convidados a participar activamente no Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré mañá sábado 15 ás 21.00 h no pazo da cultura de Pontevedra.
Cambio no cartaz musical do espectáculo e comezo das actividades da V edición de Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía
Martes 11 de decembro de 2007
MANECAS COSTA (Guinea Bissau) actuará en Cantos na Maré 2007.
Cantante, compositor e virtuoso guitarrista de Guinea Bissau, unha das mellores novas voces africanas, actuará en substitución de Paulo Flores (Angola).
Presentada a V edición de Cantos na Maré
Martes 4 de decembro de 2007
A organización de Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía, presentou onte luns 3, na casa das Campás de Pontevedra o cartaz e programa musical da V edición de Cantos na Maré, Festival internacional da Lusofonía, que terá lugar os días 12,13,14 e 15 de decembro de 2007.
Astra nosa
Xoves 11 de xaneiro de 2007
Na madrugada do primeiro día deste ano deixou de later o corazón da nosa querida Astra Harris. Sentimos fondamente a perda da máis carismática e prestixiosa voz do seu Mozambique natal. Dende agora pertence xa á estirpe das grandes divas da música africana.
A CONFERENCIA DE HÉLIA CORREIA IMPARTIDA HOXE NA GALERÍA SARGADELOS CLAUSURA A SEMANA DA LUSOFONÍA
Venres 15 de decembro de 2006
“Há cromossomas na escrita? é o título da conferencia impartida pola escritora portuguesa Hélia Correia hoxe venres 15, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos. Con ese acto clausúrase a Semana de lusofonía, enmarcada na cuarta edición de Cantos na maré, centrado este ano na creación feminina no ámbito lusófono.
Hoxe, proxección de curtametraxes sobre Brasil na Biblioteca Pública de Pontevedra
Xoves 14 de decembro de 2006
Hoxe o prato forte da Semana da lusofonía será a proxección de curtametraxes sobre Brasil do cineasta Fernando Spencer. Será ás 20:00 h na Biblioteca Pública de Pontevedra, con entrada gratuíta ata completar aforo.
Obradoiro de Forró mañá 14 ás 19:00 h no Pazo da Cultura, dentro da Semana da lusofonía
Mércores 13 de decembro de 2006
A Semana da lusofonía trae este xoves 14 a Pontevedra un obradoiro de forró; será ás 19:00 h no Pazo da Cultura, impartido por Maracatú Produccións.
Lilian França & Sérgio Tannus amosan mañá no Teatro Principal o mellor da música popular brasileira
Martes 12 de decembro de 2006
O espectáculo terá lugar ás 20:30 h e está integrado no programa da Semana da lusofonía, e forma parte da cuarta edición de Cantos na maré
Continúa aberta a venda anticipada de entradas para Cantos na maré. Mulleres na lusofonía
Martes 12 de decembro de 2006
As persoas que queiran acudir ao concerto Cantos na maré. Mulleres na lusofonía poden adquirir xa as súas entradas a través de Internet ou por teléfono. As entradas, ao prezo de seis euros, pódense adquirir de forma anticipada ata o xoves 14 chamando ao teléfono 902 43 44 43 ou no sitio web www.caixagalicia.es. Tamén poderán adquirirse na billeteira do Teatro Principal o día do concerto ao prezo de oito euros de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 19:00 h. ou no Pazo da Cultura unha hora e media antes do inicio, é dicir, a partir das 19:30 h.
Obradoiro de Capoeira hoxe ás 19:00 h no Pazo da Cultura, dentro da Semana da lusofonía
Martes 12 de decembro de 2006
Para os que non practicaron todavía a capoeira teñen hoxe unha oportunidade única para facelo. Trátase do obradoiro de capoeira que se desenvolverá ás 19:00 h no Pazo da Cultura de Pontevedra, unha actividade que pertence á Semana da lusofonía, un programa de actividades culturais do ámbito lusófono que de desenvolve en Pontevedra durante toda a semana, antecedendo o espectáculo Cantos na maré. Mulleres na lusofonía.
O luns 11 inaugúrase a Semana da lusofonía na Biblioteca Pública de Pontevedra
Luns 11 de decembro de 2006
A Semana da lusofonía forma parte da cuarta edición de Cantos na maré e amosa diferentes expresións artísticas provintes dos países de língua portuguesa
Contacto
- Relacións cos medios
- ATANA, Gabinete de Relacións Públicas
- prensa@cantosnamare.org
- Material para prensa
- Dosier de prensa (PDF, 1 MB)
- Dosier de prensa (documento Word, 3,2 MB)
- Cartaz (PDF, 1,4 MB)