Cantos na Maré 2009
Uxía
Galiza
Emoción e inquietude na voz do Atlántico.
Máis de vinte anos de carreira artística converten a Uxía nunha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. Soubo como ninguén conectar a música galega coa doutros pobos e especialmente coa dos países lusófonos, a través de numerosas colaboracións e experiencias compartidas. Das súas aproximacións á música tradicional e ás sonoridades doutras culturas resultan cancións cun selo propio e anovador.
Uxía recolle nas súas composicións a esencia do seu contacto permanente con xentes e artistas de culturas afíns. Na súa traxectoria colaborou con artistas como Dulce Pontes, Noa, Chico César ou Rasha, e foi ata 1991 a voz de Na Lúa. En solitario debutou con Foliada de marzo (1986) ao que seguiron discos como Estou vivindo no ceo (1995), Danza das areas (2000) e Eterno navegar (2008). A súa paixón pola mestizaxe e o intercambio consegue congregar talentos doutras latitudes. Así o demostra en Cantos na Maré, do que é directora artística desde a súa creación.
“A Galiza de Uxía é, sen demagoxias nin artificios, un espazo de intercambio, de modernidade, de ‘toma e daca’. (…) O público aplaudiu a rabiar a Uxía, quen como unha meiga extraía a súa voz tanto do centro da terra, como a murmuraba para facernos entenrecer”. Jamila Castillo, Música Babel.
“Uxía non só me abriu unha porta, senón que derrubou as comportas dunha presa, e o meu apetito pola música de Galiza acaba de comezar…”. Patricia Herlevi, World Music Central.