Cantos na Maré 2009
Raquel Tavares
Portugal
O fado máis novo desde o corazón da Alfama
Raquel Tavares vive na Alfama, o barrio do fado. É por iso que canta aquilo que ve, sente e cheira ao seu redor, a través das historias reais escritas polo poeta do fado Linhares Barbosa. Raquel Tavarés ten só 24 anos e xa leva 12 sorprendendo pola súa forza e capacidade interpretativa, que a levaron a gañar no 2006 o Premio Revelação Amália Rodrigues. A súa xa non é unha voz que promete moito, senón a realidade dunha artista tan nova como experimentada.
As súas interpretacións de voz e viola poden escoitarse habitualmente na casa de fados “Bacalhau de Molho”, pero a súa proxección levouna xa a actuar en Europa e América. Logo dun primeiro disco homónimo en 2006, Raquel Tavares publicou o ano pasado Bairro, un álbum que penetra polas rúas e recunchos da Alfama ao tempo que documenta unha serie de momentos fundamentais na traxectoria da fadista.
“O fado de Raquel Tavares é de algodão doce, suave como o gesto da água que amolece a rigidez da pastilha e se tranforma em delicada aguarela”. Rascunho.net.
“Lisboa é a grande paixão da minha vida. É, muitas vezes, a minha grande fonte de inspiração, e por isso, acredito que a parte mais «nua» do meu fado, esteja na forma como eu vivo a minha cidade”. Raquel Tavares.
- Tito Paris (Cabo Verde)
- Raquel Tavares (Portugal)
- Fred Martins (Brasil)
- Uxía (Galiza)