Cantos na Maré 2009

Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía é un proxecto cultural pioneiro no estado español, que a través da lingua e da música traza un mapa común entre os territorios da lusofonía que comparten raíces. CNM amosa que desde a lingua galega se poden tender pontes que nos acheguen a outras culturas emerxentes, á vez que sitúan a nosa cultura no mundo.

Sábado 19 de decembro de 2009, 21:00 h no Pazo da Cultura de Pontevedra

Diversidade, intercambio e enriquecemento caracterizan esta aventura de conexión musical e cultural que chega á súa sétima edición en Pontevedra. Desde Galiza espállase polo mundo unha iniciativa que este ano xa desembarcou en Brasil.

De novo baixo a dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges, o espectáculo xunta no escenario voces novas e outras consolidadas. Catro talentos que se mesturarán nun espectáculo exclusivo. Íntimo e multicultural.

Ficha técnica

Dirección artística
Uxía
Dirección musical
Paulo Borges
Banda base
Paulo Borges, Azores–Portugal (piano)
Xacobe Martínez Antelo, Galiza (contrabaixo)
Quiné, Portugal (batería e percusión)
Rubén Santos, Portugal (trombón)
Santi Cribeiro, Galiza (acordeón)

Entradas

Venda anticipada
Entrada: 8 €
Á venda desde o 10 de decembro a través dos teléfonos 902 504 500 e 986 110 500 ou en [www.caixanova.es](http://www.caixanova.es).
Servinova
Despacho de billetes (sábado 19)
Entrada: 10 €
Teatro Principal: de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h
Pazo da Cultura: de 19:30 h ao comezo do espectáculo
Na publicidade informábase como «espectáculo gratuíto ata completar aforo» por un erro tipográfico.



Cantos na Maré agradece a colaboración da Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela