Cantos na Maré 2008
Paulinho Moska
Brasil
“Eu tamén teño unha visión ampla e voo sen un destino concreto, decidindo sobre a marcha onde vou”. O singular cantautor brasileiro que se acocha baixo o alias de Moska busca símiles co insecto do que toma o seu apelido artístico para manifestar a súa amplitude de miras. Presenta tal entereza no son e tal honestidade nas letras que permite chamala así, “obra”
Actor de cine e teatro, fotógrafo, músico e compositor, Moska destaca polas súas baladas pop electrónicas en liña melancólica, a través das cales ofrece unha moderna relectura da rica tradición da bossa nova. Actualmente conduce con éxito o programa Zoombido, espazo televisivo que combina música e entrevistas.
Paulinho Moska foi considerado como parte desta especie de mercosur musical que conforman novos cantautores como o uruguaio Drexler e o arxentino Kevin Johansen. Cun universo expresivo relacionado co teatro, a fotografía e un heterodoxo prisma musical. Tudo novo de novo, seu sétimo e máis recente álbum como solista, é o terceiro consecutivo no que insiste no que este cantante, compositor e guitarrista chama, unindo seus dous grandes referencias musicais, “rock con formación de MPB (Música Popular Brasileira)”.
Este músico brasileiro acaba de publicar +Novo de novo, álbum que recolle unha actuación en vivo que tamén está dispoñible en DVD.
- Paulinho Moska (Brasil)
- Sara Tavares (Cabo Verde)
- Waldemar Bastos (Angola)
- Sérgio Godinho (Portugal)
- Xabier Díaz (Galiza)