Cantos na Maré 2007
Nancy Vieira
Cabo Verde
A revelación dunha nova estrela da música de Cabo Verde
Unha das novas voces de prestixio da música caboverdiana, vive en Lisboa desde os catorce anos. En Portugal, en 1995, preséntase por primeira vez en público, participando nun concurso no cal foi vencedora e coa gravación, como premio, do seu primeiro disco “Nos raça”.
En 2004 edita “Segred”, traballo que confire un grande impulso á súa carreira e conquista a público e crítica do Reino Unido, Holanda, EUA, Angola, entre outros. Algúns considérana xa a clara sucesora de Cesária Évora.
No escenario, transmite unha enorme espontaneidade e o sentimento dunha voz doce, mais firme e grave. En directo, a súa voz está acompañada por piano, guitarra, cavaquiño, baixo e batería.
- Uxía (Galiza)
- Manecas Costa (Guinea Bissau)
- Mercedes Peón (Galiza)
- Nancy Vieira (Cabo Verde)
- Ceumar (Brasil)
- JP Simões (Portugal)