Cantos na Maré 2007

Foto de Mercedes Peón

Mercedes Peón

Galiza

Cantante e gaiteira, unha das voces máis importantes de Galiza

As súas inquedanzas lévana ao mundo da composición, sen pudor e cun claro imaxinario xurdirá o seu primeiro disco ISUÉ. Paralelamente, logo de percorrer un longo camiño polas aldeas galegas e recoller as herdanzas orais, aparece na TVG "Luar", onde presenta o froito da súa investigación.

En 2003 sae o seu segundo disco, "Ajrú" que confirma o seu ímpeto no mundo da exploración e a difusión da herdanza.

"Sihá" é o seu traballo máis recente (2007). Foi recoñecida polo seu facer nas súas diversas facetas en innumerábeis ocasións :

  • Mellor artista do ano pola revista Folkworld
  • Segundo mellor artista de Europa na sección de World Music
  • Top 10 nas listas de songline
  • Premio Opinión 2005
  • Galega do ano 2005
  • Premio Iar polo seu traballo a prol da recuperación das tradicións galegas
  • Premio Macallan do festival de Lorient

Na súa traxectoria, colabora fortemente nas iniciativas a contra discriminación das persoas, polo seu xénero ou pola súa sexualidade, ademais da súa constante reivindicación a prol das linguas minorizadas, remarcado nos seus sentimentos e pensamentos dos seus temas.

www.mercedespeon.es