Cantos na Maré 2007

Foto de Manecas Costa

Manecas Costa

Guinea Bissau

Cantante, compositor e virtuoso guitarrista de Guinea Bissau, é unha das mellores novas voces africanas.

A súa música está fortemente ligada ás ricas tradicións da súa terra, pero ao mesmo tempo é innegable a súa absoluta contemporaneidade, consecuencia dunha intelixente apreciación das músicas do mundo e reflexo do seu novo contorno, xa que é en Lisboa onde o artista ten a súa residencia.

Guitarrista, baixista, posuidor unha voz carismática e sensual, autor das súas propias composicións nas que denunciaba non só a situación do seu pobo, senón tamén os problemas dos menos afortunados, como as mulleres e os nenos.

A súa forma melódica e virtuosa de tocar a guitarra gañoulle a fama dun dos máis destacados músicos de África e a súa proxección internacional viu auspiciada polo Festival Decouverte de Radio France International, creado para promocionar aos novos talentos de África, o Caribe e o Pacífico. Foi este éxito o que lle permitiu desenvolver unha afortunada carreira como productor e arranxista, ademais de como compositor e intérprete.

Do 95 ao 98 foi guitarrista de Waldemar Bastos, período no que tamén colaborou estreitamente có músico caboverdiano Bana. En 1999 editou o seu segundo traballo “Fundo de Matu”, enteiramente producido en Lisboa con importantes colaboracións do mundo musical portugués e africano, seleccionáronse diferentes temas para recopilatorios cas que a cultura lusoafricana escomenza a atopar o seu merecido lugar na música.

Manecas acaba de gravar o seu segundo álbum pola discográfica da BBC Late Junction e o disco foi presentado en Abril. Producido por Lucy Duran (productora tamén de éxitos como Kulanjan e New Ancient Strings e presentadora do máis importante programa de música do mundo de BBC) e por Jerry Boys (productor de Buena Vista Social Club). Este novo traballo de Manecas Costas foi gravado en parte en Guinea Bissau, empregando un estudio improvisado nun night club chamado Rios e en parte nos prestixiosos Livingston Estudios de Londres.

Titulado “Paraiso di gumbe”, acústico e eléctrico á vez, explora o sonido salvaxe e vibrante de Guinea Bissau interpretado coa inimitable forma de cantar e tocar a guitarra de Manecas Costas que se convirte nun dos máis orixinais e creativos artistas do seu país.