Cantos na Maré 2007

Foto de Ceumar

Ceumar

Brasil

Cantora e compositora, a súa voz é doce e forte, segura e delicada

A carreira internacional de Ceumar é unha realidade desde 2006, cando iniciou un traballo musical co pianista holandés Mike Del Ferro realizando shows en Holanda e Bélxica. Ceumar leva na bagaxe unha carreira independente de dez anos producindo discos propios e participando activamente en proxectos colectivos e variados no Brasil e no exterior.

Ten 3 discos: Dindinha é o seu disco de estrela, lanzado no 2000. Producido por Zeca Baleiro, que a cualificou como “a voz da delicadeza nestes tempos furiosos".

Sempreviva é o 2º disco – 2003, onde asina a produción musical e arranxos ademais de se presentar como compositora con Alice Ruiz, poeta paranaense, Tata Fernandes e Chico César.

Achou é o 3º disco en sociedade co compositor e guitarrista Dante Ozzetti e foi lanzado en 2006 pola discográfica MCD.

En 2008, Ceumar lanzará o seu novo disco con composicións propias cantadas en voz agridoce que agardan inéditas para un público de calquera lugar do mundo, que traspasa calquera fronteira con músicas leves e intelixentes.

www.ceumar.com.br