Cantos na Maré 2007

Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía é un evento internacional pioneiro que nace en Galiza como unha aposta musical singular: trazar un mapa común entre os diferentes territorios da lusofonía a base de ritmos, sons e melodías.

Sábado 15 de decembro de 2007, 21:00h Pazo da Cultura de Pontevedra

O espectáculo caracterízase por ser un proxecto de aproximación de culturas e fomento da diversidade, que abre novas oportunidades de proxección á creación artística. Un dos eixes principais é o seu formato innovador, baseado na súa construción colectiva, onde artistas de diversas orixes conviven preparando un repertorio exclusivo que interpretan en conxunto. Este intercambio cultural activo é a base da filosofía do festival, resultando como valor engadido un produto musical exclusivo de altísima calidade artística.

Cada edición, os artistas ceden os seus dereitos a unha ONG. Este ano, Cantos na Maré centrarase de maneira especial en tratar temas de contido social.

Cantos na Maré é unha iniciativa do Concello de Pontevedra, apoiada pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Venda de entradas

Anticipada
10 €
Á venda desde o 3 de decembro a través do teléfono 902 43 44 43 ou en www.caixagalicia.es
Taquilla (sábado 15)
11 €
Teatro Principal: de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h
Pazo da Cultura: de 19:30 h ao comezo do espectáculo

Ficha técnica

Banda base
Paulo Borges (piano e acordeón)
Manecas Costa (guitarra)
Paco Charlín (baixo)
João Ferreira (percusión)
Jon Luz (cavaquinho)
Quiné (batería)
Amadeu Magalhães (cordas, frautas…)
Davide Zaccarías (cello)
Óscar Fernández (acordeón e zanfona)