Cantos na Maré 2006: Mulleres na lusofonía
Luanda Cozetti
Brasil
Luanda Cozetti tivo unha vida intensa e viaxeira (naceu en Brasil, viviu en Guiné Bissau) asociada á loita sindical e labrega do seu pai, Alipio de Freitas, obxecto dunha letra de José Afonso.
Luanda forma parte do dúo Couple Coffee que é o casamento musical de Luanda Cozetti e Norton Daiello (baixo eléctrico e voz). Ela fai todo o que quere coa súa delicada voz. El acompañaa, pero o seu baixo tamén canta. De esa alquimia resulta unha música orixinal e sofisticada. A comunición co público é inmediata. Non hai quen fique indiferente a tanto virtuosismo.
O CD Puro (2005) comenzou a ser gravado en Rio de Janeiro e foi finalizado en Lisboa, onde o dúo reside atualmente. Esta unión inusual proporcionou un dos álbumes do ano en Portugal gabado por público e crítica. O repertorio inclúe clásicos da música brasileira de todas as épocas, desde Noel Rosa a Djavan, con arranxos sorprendentes. É jazz? É pop? É MPB? É todo isto e muito mais. Música com M maiúsculo! O selo lusitano Transformadores abrazou o proxecto e convidou grandes artistas para participar: Vitorino e Jorge Palma (cantores), Gabriel Gomes (ex acordeonista do Madredeus), Sergio Costa (flautista) e J.P. Simões (Quinteto Tati). Este encontro das sensibilidades acrecentou unha nova dimensión de diálogo cultural luso-brasileiro.