Cantos na Maré 2006: Mulleres na lusofonía
Eneida Marta
Guiné Bissau
Eneida Marta converteuse na nova promesa dentro do panorama musical actual da música africana, recollendo influencias musicais e vocais de calquera parte do mundo ainda que ten raices moi fondas na tradición musical do seu país: Guiné Bissau. As súas palabras e música gañan inspiración a partir da vida diaria alí. As cancións celebran os breves momentos intensos da vida, as tradicións da solidariedade entre a xente, especialmente entre mulleres, o valor de vivir en épocas duras e a súa loita.
Dende os seus inicios, Eneida Marta conviviu cos máis diversos ambientes musicais, grazas ao apoio do seu pai, un reputado artista angolano. Así, a artista estivo presente en numerosos escenarios europeos e medios de comunicación internacionais, ademais de ter colaborado en varios recopilatorios de distinta índole, entre eles o do prestixioso selo norteamericano Putumayo An Afro-Portuguese Odyssey no ano 2002, así como en discos de artistas de gran recoñecemento musical dentro do panorama actual africano.
O seu terceiro disco: Lôpe Kai obtivo excelentes críticas en todo o mundo.
- Dulce Pontes (Portugal)
- Uxía (Galiza)
- Ugia Pedreira (Galiza)
- Amélia Muge (Mozambique / Portugal)
- Eneida Marta (Guiné Bissau)
- Luanda Cozetti (Brasil)