Cantos na Maré 2006: Mulleres na lusofonía
Dulce Pontes
Portugal
A voz de Dulce Pontes non coñece fronteiras. Rock, fado ou música africana teñen adquirido trazos singulares na voz desta artista. Nacida en Montijo (Portugal) no ano 1969, desde hai máis dunha década Dulce Pontes percorre os escenarios de todo o mundo mergullándose nas raíces da música portuguesa. Co seu espectáculo “Por dentro do Fado” fíxose merecedora do Premio Tenco, concedido en Italia, e que anteriormente xa recibiran artistas como Caetano Veloso, Jacques Brel, Ute Lemper ou Tom Waits.
Esta artista portuguesa comezou cantando en anuncios publicitarios; no ano 1991 representa a Portugal en Eurovisión. Desde aquel momento, comeza a traballar no fado, sendo a súa contribución fundamental a reivención do mesmo. Seguen varios traballos discográficos e colaboracións con Andrea Bocelli ou Caetano Veloso, Trilok Gurtu, Daniela Mercury, o saxofonista Wayne Shorter, a cantante María João ou o acordeonista Kepa Junkera.
No ano 2003 Dulce Pontes sorprende coas interpretacións de temas do gran compositor Ennio Morricone, que intervén na gravacion de Focus Morricone & Dulce Pontes. Xa cun prestixio e repercusión internacionais que a convirten nunha voz universal, Dulce presentará o seu próximo traballo discográfico: O Coração tem três Portas, no cal colabora a cantante galega Uxía.