Cantos na Maré 2006: Mulleres na lusofonía

Foto de Amélia Muge

Amélia Muge

Mozambique / Portugal

A música de Amélia Muge é un universo sonoro moi particular, percorrendo rotas que ligan o antigo ao moderno, o popular ao erudito, a música portuguesa ás músicas do mundo. Um espazo e un tempo que non seguen as convencións de lectura habituais. Unha materia musical que viaxa desafiando as fronteiras dos xéneros e dos estilos e que recorre a ambientes nun diálogo co pasado, pero, sobre todo coa modernidade e coas novas tecnoloxías.

Desde o principio, a súa carreira musical foi en constante desenvolvemento, integrando diversas formas de expresión artística e cultural, intentando a unión entre música e educación, a través da comunicación. O seu traballo paralelo na áreas da formación e da educación levárona a participar en diversas manifestacións culturais: música, teatro, poesía, radio, televisión e en actividades de animación cultural. Estreou recentemente en Portugal unha obra de teatro para nen@s que ela mesma escribiu e está a piques de editar un novo traballo.

Amélia Muge xa tiña realizado algunha colaboración con músicos galegos como Xeque Mate, Uxía ou Amancio Prada (Rosas a Rosalía). Galiza é unha constante na súa obra coa presenza de Rosalía de Castro a quen xa ten cantado e da que se confesa admiradora.