O disco

Cantos na Maré 2003: Voces do Atlántico ao vivo en Pontevedra

Cantos na Maré 2003: Voces do Atlántico ao vivo en Pontevedra

Cantos na Maré, o espectáculo que reuniu algunhas das máis destacadas voces de fala lusófona, xa ten forma redonda. A do CD cuxa segunda edición agora sae á rúa para recoller a música en directo de Chico César, Uxía, Filipa Pais, Manecas Costa, Astra Harris, Xabier Díaz e Jon Luz.

A edición discográfica do espectáculo Cantos na Maré é un soño que converteu en realidade en nadal de 2005. Un soño dunha noite de verán, a do 16 de agosto de 2003, durante a cal, na pontevedresa praza da Ferrería, se xuntaron as voces de diferentes artistas que teñen a lusofonía como denominador común: Chico César de Brasil, Uxía de Galicia, Filipa Pais de Portugal, Manecas Costa de Guinne-Bissau, Astra Harris de Moçambique, Xabier Díaz de Galicia, e Jon Luz de Cabo Verde.

Estos artístas fixeron do seu concerto unha festa da música en galego-portugués, unha celebración do mar como elemento de unión e unha cita para ritmos cálidos e festivos. Unha mestura de sabores africanos, brasileiros, portugueses e galegos que deron como resultado un prato exquisito. Este CD recolle os sons daquel primeiro concerto da praza da Ferrería.

O disco, que recolle 16 cancións gravadas en directo, está producido por Nordesía baixo a dirección de Uxía Senlle, e ve a luz nun digipack especial (12x18 e libreto de 28 páxinas) cunha arte final realizada polo deseñador e ilustrador Fausto Isorna. Unha edición especial que non atoparás nas tendas.