Axenda 2008
Do mércores 10 ao sábado 12 de decembro de 2008
Cantos na Maré Documental
Proxeccións de documentais na Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9–11, ao lado do Teatro Principal). Entrada de balde.
Coa colaboración do Cineclube de Pontevedra.
Todo reflorecido
Pases en aberto: mércores 10 (20 h)
Sinopse: fascinado polo barrio lisboeta de Fontainhas, Pedro Costa filma aos seus habitantes e o proceso de destrución do barrio. Para o director, o seu traballo como cineasta e o barrio están inexplicablemente ligados. Aproveitando a rodaxe e a montaxe do filme Juventud en marcha, Aurélien Gerbault se convértese en testemuña de excepción do minucioso traballo de Costa.
Duración: 74 min. Documental
Director: Pedro Costa
Brasileirinho
Pases en aberto: xoves 11 (20 h)
Sinopse: documental sobre o “choro”, a primeira corrente musical brasileira urbana que comezou a desenvolverse arredor do 1870. O “choro”, un estilo de música moi popular nos anos 20, entronca directamente coa samba e máis tarde coa bossa nova.
Algúns títulos mundialmente coñecidos inclúen “Tico-Tico No Fubá” e “Brasileirinho”, tema que serve para dar título ao filme. Nel, amósase por riba de todo, unha colorida imaxe das tendencias actuais deo xénero. Inclúe a actuación de artistas como o Trío Madera Brasil, Moura, Yamandú, Marcos Suzano, Elza Soares, Teresa Cristian, Zezé Gonzaga e moitos máis…
Actores: Teresa Cristina, Luciano Rabelo, Paulinho da Viola, Zezé Gonzaga, Ademilde Fonseca, Paulo Moura, Luciano Rabelo, Elza Soares
Duración: 90 min. Español e portugués
Director: Mika Kaurismäki
No a la vanagloria de mandar
Pases en aberto: venres 12 (20 h)
Sinopse: a película emprázase durante a guerra colonial portuguesa en África, durante a cal un oficial militar explica ás súas tropas a epopeya histórica de Portugal, unha epopeya feita de grandes fallos. A historia remata cando o 25 de abril desátase la revolución, o mesmo día no que o oficial morre nun hospital militar…
Actores: Luís Miguel Cintra, Diogo Dória, Miguel Guilherme, Luís Lucas, Carlos Gomes, António S. Lopes, Mateus Lorena, Lola Forner, Raúl Fraire, Ruy de Carvalho
Duración: 111 min. Portugués, subtítulos en español
Director: Manoel Oliveira
Agradecemento a Suso Novás e ao Cineclube de Pontevedra, por posibilitar a emisión dos filmes “Todo Florecido”, “Brasileirinho” e “No a la vanagloria de mandar”
- Cantos na Maré Documental
- Cantos na Maré Encontro
- Cantos na Maré Rede