Axenda 2007
Venres 14 de decembro de 2007
Cantos na Maré Rede
Encontro profesional. Ás 19 h na Casa das Campás (rúa Don Filiberto, s/n, ao lado do Teatro Principal)
É posíbel unha rede de intercambio cultural entre os territorios da lusofonía? Que poderiamos gañar? Talk-show con xestores culturais internacionais do mercado europeo, Brasil e Portugal
Por vez primeira, e co obxectivo de contribuír a este intercambio cultural, a organización do festival crea “Cantos na Maré. Rede”, un espazo aberto de reflexión e debate (formato talk-show) entre axentes culturais internacionais, xornalistas e xeradores de opinión.
Co obxectivo de deseñar ferramentas que posibiliten a proxección a escala global, establécese esta activade cara profesionais, orientada á busca e contribución a un intercambio real de proxectos de cooperación e desenvolvemento económico, social e cultural.
Este espazo de encontro pretende iniciar un camiño de sinerxías que intensifiquen eixes no mercado global da lusofonía, contribuír a explorar e intercambiar impresións sobre o mercado da diversidade atlántica e impulsar procesos de converxencia que potencien e reforcen ás industrias culturais da lusofonía, así como futuros proxectos de coprodución. Este encontro profesional desenvolverase en formato talk-show coa presenza de programadores internacionais, xestores culturais e xornalistas de Galiza, Brasil, España e Portugal.
Duración: aprox. 2h
- Cantos na Maré Documental
- Cantos na Maré Encontro
- Cantos na Maré Rede