Axenda 2007
Do mércores 12 ao sábado 15 de decembro de 2007
Cantos na Maré Documental
Proxeccións de documentais na Casa das Campás (rúa Don Filiberto, s/n, ao lado do Teatro Principal). Entrada de balde.
Quintal do Semba
Pases en aberto: mércores 12, xoves 13 (16.30h)
O documental reúne algúns dos expoñentes best-seller da música angolana arredor do proxecto dos máis tradicionais ritmos do Quintal do Semba: ao Vivo. Paulo Flores, Carlitos Vieira Dias, João Ferreira, Dalú Rogée e Nanutu, entre outros, amosan un repertorio que presta unha viva homenaxe aos músicos que loitaron para a supervivencia do Quintal do Semba.Duración: 133 min. Director: Paulo Caldas.
Só concertinas
Pases en aberto: venres 14 e sábado 15 (17.30 h)
O acordeón, e máis concretamente a concertina (ou acordeón diatónico) é o gran protagonista deste documental de música vibrante, sinxela e festiva sobre a música do norte de Portugal, a “região do Minho”.
Duración: 50 min. Director: Víctor Coyote. Alén Filmes.
Lusofonía, a (r)evolução
Pases en aberto: mércores 12 (19h) e sábado 15 (13h e 19h)
Lusofonia, a (r)evolução é a carta de visita sobre a identidade musical lusófona. Este é un evento a escala mundial orientado á formación de músicos, DJs e produtores, que acontece unha vez ao ano. A súa produción durou cerca de dez meses, e ten como base 35 entrevistados, 33 bandas e videoclips e bibliografía. O seu obxecto foi a fusión entre elementos musicais autóctonos de Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde, San Tomé - Príncipe e Guinea Bissau, e a súa integración en xéneros de música urbana actual. O resultado deste cruzamento é o nacemento de produtos musicais específicos da lusofonía, revelando unha identidade singular no escenario mundial.
Duración: 60 min. Dirección e produción: Red Bull Music Academy. Produción executiva: Mariana Moore.
- Cantos na Maré Documental
- Cantos na Maré Encontro
- Cantos na Maré Rede