Axenda 2006
Semana da lusofonía
Luns 11 de decembro de 2006
Inauguración da Semana da Lusofonía: presentación do proxecto documental “Cabo Verde Sabí (A muller e a terra, o home e o mar)” de Manolo Maseda e actuación do grupo Batuko Tabanca
Biblioteca Pública de Pontevedra
O documental amosa a cara máis amábel das Batuko Tabanca e deixa a mensaxe máis positiva das migracións: o respeito, a amizade e o diálogo.
“A muller e a terra” relata unha xira de tres concertos do grupo no seu país natal, Cabo Verde. O home e o mar “O Pachilán”, está protagonizado por
Martes 12 de decembro de 2006
Obradoiro de capoeira a cargo de Maracatú Produccións
Sala de ensaios do Pazo da Cultura.
Gratuíto con prazas limitadas. Inscricións a través do teléfono 986 83 30 61.
A capoeira cobra neste programa un especial interés. Trátase dunha expresión artística de primeira grandeza, en canto que engloba baile, música e arte marcial, e tamén porque consiste nun importante icono da cultura lusófona.
Mércores 13 de decembro de 2006
Dúo Lilian França & Sérgio Tannus, coa colaboración especial de Pepe Sendón
Teatro Principal
Prezo da entrada: 3 €
A diversidade do son deste dúo brasileiro vai do samba ao jazz, do baião ao chorinho, do xote á balada, do pop ao coco, cun estilo moi proprio e contemporaneo. Mentres ela interpreta joias da música popular brasileira coa súa afinada voz, Sérgio extrae os seus extraordinarios arranxos da guitarra eléctrica, do cavaquinho e da mandolina.
O repertorio está formado de composicións propias, cancións dunha nova xeración de compositores brasileiros e sobre todo de cantautores consagrados da música brasileira como Chico Buarque, Tom Jobim, Gilberto Gil, Cartola, entre outros.
Xoves 14 de decembro de 2006
Obradoiro de forró, a cargo de Maracatú Produccións
Sala de ensaios do Pazo da Cultura
Gratuíto con prazas limitadas. Inscricións a través do teléfono 986 83 30 61
O forró é un xénero musical típico do nordeste brasileiro que se interpreta con un acordeón, un tambor e un triángulo. Ritmo contaxiante que se baila en parella, descoñece barreiras de idade, xénero ou clase social. Nos últimos anos o forró ven encontrando adeptos en toda a xeografía brasileira fusionándose cos máis diferentes estilos musicais brasileiros: xote, baião, samba e ata mesmo coa música tecno.
Proxección de curtametraxes do cineasta Fernando Spencer
Biblioteca Pública de Pontevedra
- Paixão de Cinema (2004), sobre a carreira do cineasta brasileiro
- Trajetória do Frevo (1988), sobre o mais famoso ritmo do carnaval pernambucano.
- A Arte de Ser Profano (1999), sobre os pastoris profanos de Pernambuco.
Venres 15 de decembro de 2006
Conferencia literaria a cargo da escritora Hélia Correia: Há cromossomas na escrita?
Galería Sargadelos
Gran poetisa e dramaturga portuguesa, é autora de varios ensaios e novelas como "O separar das aguas", "Montedemo" ou "Vila celeste".
Outras actividades
Exposición fotográfica “Rostros na maré” do fotógrafo Xabier Carrasco
11/Dec/2006—23/Dec/2006
Pazo da Cultura, no vestíbulo do auditorio
Extraordinaria mostra recompilatoria dos rostros que pasaron polas anteriores edicións de Cantos na maré.
A través de 20 instantáneas o espectador poderá revivir os mellores momentos das actuacións que fixeron crecer a proposta inicial do festival.
Exposición “Cabo Verde, paraíso atlántico” do fotógrafo Xulio Villarino
11/Dec/2006—23/Dec/2006
Biblioteca Pública de Pontevedra
O artista toma prestado o título dunha canción de Cesaria Évora para amosar en imaxes toda a beleza e encanto deste arquipélago situado ás costas de Senegal e marcado pola emigración.
Gastronomía
Durante toda a semana, os seguintes restaurantes ofrecerán unha ampla oferta de menús procedentes da gastronomía lusófona:
- Mi Madriña
- Rúa San Sebastián nº 23
- Tel. 986 896491
- O Noso Bar
- Rúa San Nicolás nº 5
- Tel. 986 840446
- La Azienda del Vino
- Rúa Alhondiga nº 1
- Tel. 986 852834
- La Alquería Mudéjar
- Rúa Churruchaos nº 2
- Tel. 986 851258